9 de noviembre de 2012

Viernes 9, II Ciclo "Noite de Contos" en Arzúa

Noites de Contos
Estos días toca comedia, estaremos este viernes en la presentación del segundo ciclo de monólogos "Noites de Contos" que organiza el Departamento de Cultura del Ayuntamiento de Arzúa
Este programa de ocio tiene como objetivo fundamental concienciar sobre el uso del gallego en los contextos de ocio y ayudar a la valorización y la protección de nuestro idioma.
El Ayuntamiento de Arzúa organiza este ciclo de monólogos después del éxito en la primeira edición celebrada el año pasado en la que participaron actores y actrices gallegos de primera linea como Quico Cadaval, Paula CarballeiraPedro Brandariz.
Para este año, el primero de los monólogos va a tener lugar este vienres día 9 de noviembre de la mano de Antón Coucheiro, que bajo el título Veño do futuro, presentará al público asistente un novedoso formato más cercano al clown y al circo.
El siguiente monólogo será el vienres 16 de noviembre, la actriz Isabel Risco nos enseñará el espectáculo Nabiza Girl e unha viaxe espacial. Isabel viene más que avalada por su larga trayectoria profesional participando en programas y series como Land Rober, Tourilandia, Luar, Padre Casares o O Show dos Tonechos.
Y por último, el venres 23 de noviembre, le tocará el turno al arzuano Xan Veiga, que nos hará reír con su monólogo Como cho conto!. Desde su elección para participar en un programa de máxima audiencia como es el Luar, no se bajó del escenario realizando todo tipo de trabajos en televisión, radio, teatros, fiestas y pubs de toda Galicia.
La Concejala de Cultura, Natalia Pereira, invita a participar en lo que considera “una alternativa más de ocio para el otoño, que junto con el teatro y otras actividades, dinamizan culturalmente nuesto municipio”.
Todos los espectáculos se llevarán a cabo, de manera gratuita, a las nueve de la noche en la Capilla de la Madanela y están dirigidos a un público adulto.

Estes días toca comedia, estaremos este venres na presentación do segundo ciclo de monólogos "Noites de Contos" que organiza o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa
Este programa de lecer ten como obxectivo fundamental concienciar sobre o uso do galego nos contextos de ocio e axudar á valorización e á protección do noso idioma.
O Concello de Arzúa organiza este ciclo de monólogos despois do éxito na primeira edición celebrada o ano pasado na que participaron actores e actrices galegos de primeira liña como Quico Cadaval, Paula Carballeira ou Pedro Brandariz.
Para este ano, o primeiro dos monólogos vai ter lugar este venres día 9 de novembro da man de Antón Coucheiro, que baixo o título Veño do futuro, presentará ao público asistente un novedoso formato máis achegado ao clown e ao circo.
O seguinte monólogo será o venres 16 de novembro, a actriz Isabel Risco amosaranos o espectáculo Nabiza Girl e unha viaxe espacial. Isabel ven máis que avalada pola súa longa traxectoria profesional participando en programas e series como Land Rober, Tourilandia, Luar, Padre Casares ou O Show dos Tonechos.
E por último, o venres 23 de novembro, tocarálle o turno ao arzuán Xan Veiga, que nos fará rir co seu monólogo Como cho conto!. Dende a súa elección para participar nun programa de máxima audiencia como é o Luar, non se baixou do escenario realizando todo tipo de traballos en televisión, radio, teatros, festas, e pubs de toda Galicia.
A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira, convida a participar no que considera “unha alternativa máis de lecer para o outono, que xunto co teatro e outras actividades, dinamizan culturalmente o noso municipio”.
Todos os espectáculos levaranse a cabo, de valde, ás nove da noite na Capela da Madanela e están dirixidos a un público adulto.

No hay comentarios: